viernes, 30 de marzo de 2018

Operacións básicas con mBot e mBlock

Programamos o mBot para que realice as operacións básicas (suma, resta, produto e división)
Os números serán introducidos a través do mando a distancia, o mesmo que a operación (0=suma, 1=diferenza, 2=produto, 3=división)
Os valores introducidos mostraranse na matriz de LEDs, así como a operación e o resultado.
Tamén se mostrarán no escenario do mBlock.




martes, 27 de marzo de 2018

Reloxio dixital con mBot

Esta práctica é moi interesante para traballar as horas, os minutos e os segundos co alumnado. 

Foi unha proposta da miña compañeira Laura Adela,que imparte 4º de primaria.

O mBot da a posibilidade de mostrar a hora  actual e os minutos na matriz de LEDs, nos podemos cambiar esa opción por mostrar as variables creadas por nos.

Debido a que na matriz de LED so caben 4 díxitos, podemos escoller se nos mostra a hora e os minutos que vai cronometrando, ou os minutos e segundos (é o que se ve na pantalla do robot), como se mostra nas imaxes seguintes.