lunes, 21 de mayo de 2018

Programación LIÑA BLANCA sobre NEGRO


  1. Se sigue liña=0 entón os dous sensores están sobre negro.
  2. Se sigue liña=1 entón o sensor esquerdo está sobre negro e o dereito sobre blanco.
  3. Se sigue liña =2 o sensor esquerdo está sobre blanco e o dereiro sobre negro
  4. Se sigue liña=3, os dous sensores están sobre blanco.

jueves, 5 de abril de 2018

Calcular o volume dun prisma co mBot

Con este programa, empregaremos o sensor de ultrasóns do mBot, para medir un prisma.
  1. Mediremos en primeiro lugar, a distancia a unha superficie vertical onde apoiaremos o prisma.
  2. Apoiamos na superficie vertical a cara perpendicular á lonxitude
  3. A continuación medimos o LONGO do prisma (distancia á superficie onde o apoiamos menos distancia á cara "lonxitude" do prisma)
  4. Xiramos o prisma e apoiamos na superficie vertical a cara perpendicular ao ancho.
  5. Seguiremos medindo o ANCHO (distancia á superficie vertical onde o apoiamos menos a distancia a cara "ancho" do prisma)
  6. Xiramos o prisma e apoiámos na superficie vertical a cara perpendicular ao alto.
  7. Por último medimos o ALTO (distancia á superficie vertical onde apoiamos o prisma  menos a distancia á cara "alto" do prisma"
  8. Aparecerá o resultado do produto; Área= Longo x Ancho x Alto e mostrará o resultado na pantalla do PC e na matriz de Leds do mBot.



viernes, 30 de marzo de 2018

Operacións básicas con mBot e mBlock

Programamos o mBot para que realice as operacións básicas (suma, resta, produto e división)
Os números serán introducidos a través do mando a distancia, o mesmo que a operación (0=suma, 1=diferenza, 2=produto, 3=división)
Os valores introducidos mostraranse na matriz de LEDs, así como a operación e o resultado.
Tamén se mostrarán no escenario do mBlock.




martes, 27 de marzo de 2018

Reloxio dixital con mBot

Esta práctica é moi interesante para traballar as horas, os minutos e os segundos co alumnado. 

Foi unha proposta da miña compañeira Laura Adela,que imparte 4º de primaria.

O mBot da a posibilidade de mostrar a hora  actual e os minutos na matriz de LEDs, nos podemos cambiar esa opción por mostrar as variables creadas por nos.

Debido a que na matriz de LED so caben 4 díxitos, podemos escoller se nos mostra a hora e os minutos que vai cronometrando, ou os minutos e segundos (é o que se ve na pantalla do robot), como se mostra nas imaxes seguintes.